Inauguración da IV ConectaTparty

ABRIREMOS AS PORTAS HOXE AS 15:00 PARA TODOS OS USUARI@S INSCRIT@S.
Chegou o día !! Hoxe 30 de xuño de 2011 comenza a cuarta edición da conectaTparty. Como todolos anos a estas alturas os membros da organización xa levan moitas horas de traballo para que todo esté a punto e poidamos disfrutar outro ano mais da única LANPARTY do Baixo Miño.
A partir das 15:00 horas chegarán o pabillón de Sobrada (Tomiño) persoas procedentes de toda Galicia para participar, disfrutar, convivir, aprender, etc na conectaTparty, que chega este ano a sua cuarta edición.
Aparte da aportación económica e humana de empresas privadas como VMC informática, Marketic Solutions, etc, queremos agradecer o apoio tanto económico como moral por parte do Concello de Tomiño, facilitando medios i apoio para que este evento continue a sua andaina.


