Normas
Normas conectaTparty 2011
1. O recinto permanecerá aberto dende o xoves día 30 de xuño ás 15:00 h ata o domingo 3 de xullo ás 18:00 h.
2. É imprescindible presentar o DNI para acreditarse e os menores de 18 anos tamén deben presentar a autorización firmada polos seus pais ou titores legais.
3. Cada persoa acreditada sólo poderá introducir un equipo informático no recinto.
4. Pódese entrar e sair do recinto cantas veces sexa necesario presentando a acreditación.
5. Mentres se esté no encontro non se poderán sacar os equipos a non ser que sexan portátiles ou sexa para o definitivo abandono do evento, e sempre baixo a autorización da organización.
6. Cada participante terá dereito a unha praza onde colocar o seu equipo dotada dunha toma de electricidade e outra de rede.
7. Os participantes teñen que levar visible en todo momento a acreditación que se lles entregará o acceder ó recinto.
8. As prazas serán asignadas pol@s participantes, unha vez realizado o pago podrá marcar a súa paraza na web.
9. As prazas son persoais e intransferibles.
10. O importe da cuota so será devolto en caso de suspensión do evento.
11. A organización da conectaTparty non se fai responsable da procedencia do software e material audiovisual dos asistentes á party, deixando claro que a finalidade do evento é a divulgación tanto na súa faceta lúdica coma educativa da informática e das novas tecnoloxías e a celebración de torneos de videoxogos, talleres, charlas, etc. Lembramos que a piratería é un acto delictivo, penado pola lei e reprobamos calquera tipo de actividade ilegal sendo os únicos responsables dos seus actos os que incurrisen neste delito e derivando calquera tipo de responsabilidade legal, civil ou penal sobre éstes. Do mesmo xeito, queda prohibida a distribución de contenidos ilegais a través da rede.
12. Durante a celebración da conectaTparty a organización manterá un servicio de vixiancia que velará polo seu perfecto funcionamiento á vez que regulará os accesos ó recinto. Ainda que se fará todo o posible por evitar incidentes, a organización non se fai resposable de robos, furtos, roturas, virus informáticos, pérdidas, e en xeral de calquera dano sobre as pertenzas do participante, sendo éste o único responsable. Entre as medidas que se tomarán están identificar o material informático que pertence a cada participante. Esta identificación será revisada á marcha do participante, polo que no caso de rotura, ausencia, deterioro significativo ou aspecto sospeitoso da identificación, a organización poderá reter o material implicado ata a saída do último participante.
13. A organización da conectaTparty non se fai responsable da seguridade dos ordenadores e demáis material ante posibles problemas eléctricos, polo que é aconsejable o uso de un SAI. Do mesmo xeito, cada participante é responsable de previr da infección do seu equipo usando sistemas de protección coma antivirus e firewals, que deben ser instalados antes da asistencia á party.
14. Non se permite ningún tipo de actividade comercial, salvo autorización expresa da organización. O participante que incurrise neste tipo de actuacións será inmediatamente expulsado da party e seralle vetada a participación en próximos eventos.
15. O uso indebido de software será responsabilidade exclusiva de cada participante.
16. Non se poden utilizar altavoces nin aparatos eléctricos, exceptuando auriculares e cargadores do móvil.
