• Inicio
    • Foro
    • Documentación
      • Condicións
      • Normas
    • Multimedia
      • Videos
        • Fotos
    • Actividades
      • Concursos
      • Obradoiros
      • Xogos
    • Localización
    • Premios
 

Condicións

Condicións de asistencia conectaTparty 2011

 

1. Existe un número limitado de prazas (120) que serán outorgadas en riguroso orde de inscripción, perdendo a preferencia se non se realiza o pagamento da inscripción no prazo fixado pola organización. As prazas son persoais e intransferibles. Só o usuario inscrito pode facer uso dela. A organización da conectaTparty resérvase o dereito de adoptar criterios de admisión alternativos en determinadas circunstancias sen previo aviso.

2. Só se permitirá un equipo informático (portátil ou sobremesa) por participante.

3. O pagamento da inscripción da dereito a unha conexión de enchufe (levar regleta de enchufes), unha conexión de rede para un único dispositivo, un lugar nunha mesa, unha silla e un lugar para descansar. No prezo non están incluídos os desaiunos, xantares e ceas que se fagan na party.

4. O importe da cuota non será devolto en ningún caso salvo pola suspensión do evento.

5. A organización da conectaTparty non se fai responsable da procedencia do software e material audiovisual dos asistentes á party, deixando claro que a finalidade do evento é a divulgación tanto na súa faceta lúdica como educativa da informática e das novas tecnoloxías, e a celebración de torneos de videoxogos, talleres, charlas,… Lembramos que a piratería é un acto delictivo, penado pola lei e reprobamos calquera tipo de actividade ilegal, sendo os únicos responsables dos seus actos os que incurrisen neste delito e derivando calquer tipo de responsabilidade legal, civil ou penal sobre éstes. Do mesmo xeito, queda prohibida a distribución de contidos ilegais a través da Rede da conectaTparty.

6. Durante a celebración da conectaTparty a organización manterá un servizo de vixiancia que velará polo seu perfecto funcionamento á vez que regulará os accesos ó recinto. Ainda que se fará todo o posible por evitar incidentes, a organización non se fai responsable de roubos, furtos, roturas, virus informáticos, pérdidas e en xeral de calquer dano sobre as pertenzas do participante, sendo éste o único responsable. Entre as medidas que se tomarán están identificar o material informático que pertence a cada participante. Esta identificación será revisada á saída do participante, polo que en caso de rotura, ausencia, deterioro significativo ou aspecto sospeitoso da identificación, a organización poderá reter o material implicado ata a saída do último participante.

7. A organización da conectaTparty non se responsabiliza da seguridade dos ordenadores e demáis material ante posibles problemas eléctricos, polo que se aconsella a utilización dun SAI. Do mesmo xeito, cada participante é responsable de protexe-lo seu equipo contra a infección de virus e demáis software malicioso usando sistemas de protección como antivirus e firewalls, que deben de ser instalados antes de vir á party.

8. Non se permite ningún tipo de actividade comercial, salvo autorización expresa da organización. O participante que incurrise neste tipo de actuacións será inmediatamente expulsado da party e seralle vetada á súa participación en próximos eventos.

9. Prohíbese o consumo e o tráfico de alcohol, tabaco, psicotrópicos e calquera outro tipo de sustancia ilegal dentro dos lugares habilitados para a conectaTparty. Está permitido consumir bebidas non alcohólicas, sempre e cando non estén en cuncos de cristal. Será expulsada da party calquera persoa que mostre un comportamento violento ou que esté baixo os efectos do alcohol ou algunha outra sustancia.

10. O único lugar onde se poderá durmir ou descansar será a sala habilitada a este efecto.

11. Está terminantemente prohibido o uso de altavoces ou reproductores de audio de calquera tipo como radios, radiocasettes, etc. que puidesen molestar ó resto de participantes, poderanse usar auriculares. Tamén están prohibidos todolos aparatos eléctricos, a excepción do cargador do móvil.

12. Está prohibida a utilización de ferramentas de hacking, escaneo de portos, etc. Se algún participante incurre nalgunha destas prácticas será inmediatamente expulsado da party.

13. Está terminantemente prohibido utilizalo material de outro participante, sen expreso consentimento do seu dono.

14. Os participantes encargaranse de limpa-lo lixo que acumulen e deixa-lo seu posto ó fin do evento tal e como o atoparon, sen suciedade, restos de comida, bolsas nin envases vacíos, depositando esta basura nas papeleras y containers habilitados.

15. Non está permitida a manipulación nin ningún tipo de actuación sobor os elementos relacionados coa infraestructura da party, tales como cableado, elementos da rede (switches,…), servidores, video proxectores, equipo de audio, etc.

16. Prohibirase a entrada de calquera participante menor de idade que non posúa a autorización do pai, nai ou titor. Está prohibida a participación de nenos menores de 14 anos. A autorización ten que ser presentada por escrito no momento da acreditación. En todolos casos deben traer unha fotocopia do DNI do pai, nai ou titor firmante.

17. É absolutamente necesario levar sempre enrriba un documento oficial (DNI, NIE, carné de conducir ou pasaporte) que identifique ó participante. Dito documento será necesario no momento da acreditación, e igualmente poderá ser solicitado por un organizador durante o transcurso da party.

18. O pabellón onde se realizará a conectaTparty estará aberto durante todo o evento, poidendo os participantes acceder a él en calquera momento, debendo levar sempre visible durante a estancia na party a acreditación que facilita a organización. Igualmente para acceder ó comedor, ou para a recollida de premios, deberase presentar a credencial.

19. Queda totalmente prohibido o uso de trucos, cheat´s e/ou calquera outra cousa que desvirtúe a igualdade de competición nos torneos. Calquera persoa que incumpla algunha das normas dos torneos, será automáticamente eliminado.

20. Os participantes disporán dun posto de información único ó que deberán dirixir tódalas dúbidas, problemas ou incidencias que teñan.

21. Non está permitido introducir no recinto, posuir ou manipular sustancias perigosas ou que puideran compromete-la seguridade do evento (material inflamable, material pirotécnico, fogos de artificio, bengalas, etc.). Non está permitido facer fogo nin usar aparatos caloríficos nin electrodomésticos.Tampouco se permite a entrada con obxetos cortantes, armas brancas ou de fogo ou material que a organización considere perigoso. Calquera material que incumpla as normas será retirado inmediatamente pola organización e podería acarrear a expulsión ó posuidor de dito material.

22. conectaTparty é un evento pensado para o ocio, a diversión e o intercambio de experiencias e coñocementos dos seus participantes. A organización resérvase o dereito de expulsar a calquera participante que incurra en calquera tipo de comportamento que impida o correcto transcurso da party así como ofensivo ou molesto para o resto de participantes. Será motivo de expulsión directa calquera tipo de abuso dos recursos da rede así coma da confidencialidade, disponibilidade ou integridade dos mesmos. Tampouco se permitirá ningún tipo de discusión, violencia nin actos vandálicos. Aqueles que non cumplan con estas indicacións serán inmediatamente expulsados da party e se fose necesario tomadas as medidas legales pertinentes.

23. A conectaTparty pon a túa disposición unha serie de bens de equipo, coma son os sanitarios e as duchas. Fai uso adecuado destas instalacións co fin de que todos os participantes poidan encontralas en bo estado ó longo do evento.

24. Ó usar os servizos que o foro da conectaTparty pon á disposición do participante, éste acepta as normas e reglas que alí se expoñan.

25. Os datos facilitados polos participantes conservaranse e utilizaranse exclusivamente pola organización para tarefas derivadas da xestión da conectaTparty.

26. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición recoñecidos pola Lei Orgánica 15/1999 poderán ser exercitados polos interesados mediante solicitude escrita dirixida á Asociación Cultural Conéctate á Rede, responsable do tratamento dos teus datos, no enderezo: Barrio de Aldea – Sobrada, 3D; 36790 – Tomiño.

27. Ó aceptar estas condicións, o interesado da o seu consentimento para que a Asociación Cultural Conéctate á Rede, utilice os datos que facilita para os usos anteriormente descritos.

 

Asociación Cultural Conéctate á Rede Copyright © por conectaTparty Dereitos Reservados.

  • ORGANIZA

  • PATROCINA


  • COLABORAN

  • Calendario

    febrero 2012
    L M X J V S D
    « jul    
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    272829  

Asociación Cultural "Conectate a rede" - ConectaTparty 2011